PRESENTACIÓN DO FESTIVAL

Redondela acolle neste ano o V Festival Nacional de Curtametraxes “Redondela en Curto” despois do éxito acadado nas edición anteriores, onde milleiros de persoas visitaron  os certames, este ano propoñénomos medrar ainda máis que nas edicións anteriores.
Nesta edición, xa en marcha, preparamos novos cambios  e dámoslle un pequeno xiro ás actividades paralelas.Nesta V edición nacen  novos apartados chamados “Máis minutos” onde proxectaremos cada día unha longametraxe nace así un espacio adicado ás longametraxes. O segundo apartado chamado “Faino ti mesmo”  o festival abrirá un espacio para recibir guións a concurso, o gañador dispondrá de material audiovisual profesional para rodar a curtametraxe gañadora e ser exposta fora de concurso no festival.

Para conseguir estes obxectivos, propoñémonos facer un festival o máis competitivo posible, onde os espectadores gocen de todos os días da nova programación. Nesta V edición iniciamos unha nova etapa.

No resto seguimos a traballar da mesma forma. As actividades escolares siguen sendo o punto máis importante para o festival  xa que ano tras ano vai collendo cada vez máis forza.

Subliñamos tamén entre as distintas actividades , as secións informativas sobre o novo formato dixital establecido no mundo do cine, os coloquios que se establecerán con distintos actores ou directores, e as actividades paralelas ao mundo do cine.

 

-----------------------------------------------------------

• Acto de inauguración do festival:

A cargo de Antonio Durán "Morris".

Cunha longa experiencia interpretativa en teatro, é un dos profesionais máis coñecidos das produccións televisivas galegas. Actor e presentador en diversos programas da TVG desde os seus inicios a mediados dos 80, popularizouse co papel de Antón en “Pratos combinados”.

Participou tamén en teleseries de Tele 5 e Antena 3 e nalgunhas das longametraxes de maior sona rodadas en Galicia. Ten traballado en dúas ducias de obras de teatro desde 1978, especialmente en montaxes do CDG e da compañía Artello, da que foi cofundador.

Premios e recoñecementos: Premio ao mellor actor secundario por "O partido" nos Premios Mestre Mateo 06 (entregados en maio de 2007).

 

 
batman